Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/279-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Nespereira.

Situación: concello de Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20/15 kV, de 22 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 3 da L.M.T. ó C.T. sub. Pazos de Borbén, finalizando no C.T. que se proxecta en Nespereira, concello de Pazos de Borbén. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-400/231 V. R.B.T., aérea, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1227