Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro, en recurso interposto contra Resolución do 14 de xuño de 1996 (DOG número 122, do 21), e devolta polo servicio de correos (recurso 7/1996).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, a resolución do recurso interposto contra a citada resolución.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste a interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesado, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Recurso: 7/1996.

Intersado: Luis Castro Valdivia, Federación Galega da Construcción.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 87-2º H Santiago de Compostela (A Coruña).

Acto recorrido: Resolución do 14 de xuño de 1996 (DOG nº 122, do 21 de xuño).

Resolución do recurso: inadmisible.

1271