Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/1808/1996, interposto polo sindicato nacional de CC.OO. de Galicia.

O día 20 de febreiro de 1997, a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 01/1808/1996, interposto polo sindicato nacional de CC.OO. de Galicia, contra orde

desta consellería, do 15 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro), pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres.

En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

97-1188