Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores (C-685/1996 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta-A Coruña), e presentar ante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1992, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-685/1996.

Denunciado: Agustín Carro Carro.

Enderezo: lugar Birloque, B-16 A-A Coruña.

Nº de expediente: C-968/1996.

Denunciado: Modesto Díaz Louzán.

Enderezo: camiño Barcia, s/n-Fisterra.

Nº de expediente: C-970/1996.

Denunciado: Eduardo Lamelas Monteiro.

Enderezo: Fisterra.

Nº de expediente: C-1202/1996.

Denunciado: Evencio Conchado Couce.

Enderezo: Dr. Fleming, 1-2º D-Mera-Oleiros.

Nº de expediente: C-1761/1996.

Denunciado: Luís Gonzalo Martínez Sar.

Enderezo: plaza José Antonio-Fisterra.

Nº de expediente: C-1772/1996.

Denunciada: María Mella Fernández.

Enderezo: Bellavista, 5-2º-A Coruña.

Nº de expediente: C-1789/1996.

Denunciado: Carlos Carrera Cabirta.

Enderezo: José Luís Bugallo Marchesi, nº 22-5º B-A Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

1202