Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 4 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica o inicio do expediente sancionador con referencia secretaría 340/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e con base no artigo 13.2º do devandito Real decreo 1398/1993, o incicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: secretaría 340/1996.

Denunciada: Feal Martínez, Josefina.

DNI: 32.557.799.

Último enderezo coñecido: A. A Coruña e as Virtudes, s/n, Pontedeume.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: poderá chegar ata a contía de 500.000 ptas.

A Coruña, 4 de febreiro de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

1205