Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 3 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de epizootias LU-272/1996 e dous máis, devoltas polo servicio de correos por atoparse ausentes nas horas de reparto os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que, con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes perante o instructor do procedemento.

ANEXO

-Expediente: LU-272/1996.

Denunciado: José Rodríguez Rojo.

DNI nº: 76603322.

Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, 202-1º, Lugo.

Feitos imputados: encontrarse o día 4 de agosto de 1996, no recinto feiral de Vilalba, a exerce-la actividade de operador comercial de trato, sen te-lo carné de tratante referendado no ano 1996.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 5.000.

-Expediente: LU-312/1996.

Denunciado: Eriberto Fariña López.

Último enderezo coñecido: r/ Álvaro Cunqueiro, 20, Foz (Lugo).

Feitos imputados: dedicarse á cría de cans na súa vivenda.

Precepto infrinxido: artigos 3 a), b), c), d), e) e f), 7.1.2.3 e 8.1 da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigos 20 e 21 da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción imposta: 160.000.

-Expediente: LU-368/1996.

Denunciado: Manuel C. Santín Trabado.

DNI nº: 33844462.

Último enderezo coñecido: Fabal, 1, Cervantes (Lugo).

Feitos imputados: transporta-lo día 18 de outubro de 1996, no furgón matrícula LU-5414-F, tres cabezas de gando porcino e carecer do documento acreditativo de te-lo furgón rexistrado na Delegación Provincial de Agricultura para transportar animais.

Precepto infrinxido: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 10.000.

Lugo, 3 de febreiro de 1997.

P.A.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

1238