De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.
Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.
Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.
P.A.
Pilar Pita Ponte
Instructora
ANEXO
Expediente: EN-29/1996
Denunciado: Héctor Aguilar Palma
Último enderezo coñecido: r/ Corta Vila, 9, Madrid
Feito denunciado: acampar sen a correspondente autorización, o día 12 de agosto de 1996, no lugar
denominado Chan da Pólvora, na illa de Ons, concello de Bueu
Precepto infrinxido: artigo 38.3º da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre
Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.
Sanción: 10.000 ptas.
1002