Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/69-2-4325 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. cerramento circuítos Torneiros-Reguntille.

Situación: A Pastoriza, Pol e Castro de Rei.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 5.087 metros, con conductor LA-110 de 116,2 mm, sobre apoios de formigón e torres metálicas. As liñas de media tensión entroncarán na L.M.T. subestación de Meira e rema

tarán na L.M.T. Castro de Rei-Mosteiro, para cerramento circuítos Torneiros-Reguntille, nos concellos da Pastoriza, Pol e Castro de Rei.

Orzamento: 18.323.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 17 de decembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1132