Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 19 de decembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle dun predio situado no Burgo, entre a vía prolongación da r/ Ribados e zona de protección de infraestructuras (autoestrada A-9) promovido pola sociedade propietaria dos terreos Inmobiliaria Herculina, S.A. e redactado polo arquitecto José Fernández Salas, que ten por obxecto:

a) O sinalamento da liña interior de edificación afectada pola servidume da autoestrada A-9 e a liña de alta tensión Sabón-San Marcos.

b) A ordenación dos volumes resultantes en función da rasante da vía r/ Ribados.

Durante o prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á última das publicacións deste anuncio (DOG ou xornal) poderá ser examinado o documento e formularse as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 9 de xaneiro de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

1422