Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de realización de probas analíticas por laboratorios externos (C.P. 3/1997).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG de 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de realización de probas analíticas por laboratorios externos.

Orzamento: 23.440.210 ptas. (IVE incluído), en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº C.P. 3/1997, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1997, con posibilidade de prórroga por anos naturales.

Admisión de variantes: admítense variantes sempre que se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse polos medios previstos nos apartados: a), b) e c) do artigo 16.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos nos apartados a), c), e) e f) do artigo 19 da Lei 13/1995 citada.

Clasificación económica: grupo III, subgrupo I, categoría A.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (468.804 ptas.).

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación:

1. Control de calidade: ata 4 puntos.

2. Prezo: ata 5 puntos.

3. Prazo entrega e recollida: ata 1 puntos.

4. Integración informática: ata 1 punto.

5. Localización do laboratorio na Comunidade Autónoma: ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de Administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas agás sábados.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polos licitador ou persoa que o representen, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o remate do prazo de presentación das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xutifica-la data de imposición do envío na oficia de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto publico na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 17 de febreiro de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

97-1393