Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de aloxamento dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

Número de expediente: 0024.

2. Obxecto do contrato: servicio de aloxamento dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: 31 de marzo ata 26 de xuño de 1997 e desde o 30 de setembro ata o 18 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.468.800 ptas. (1.900 ptas./persoa e día).

5. Garantía provisional: 89.376 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 56 34 00.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas económicas.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas.

10. Gastos de anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

1395