Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de xuño de 1993 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón, denominada G.O. número 2, a favor de Ramón Dieste Rodríguez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e de cultivos mariños desta comunidade autónoma (DOG número 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: G.O. número 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula número 70.

Data da concesión: 3-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-1996.

Anterior concesionario: Ramón Dieste Rodríguez (DNI 32.212.004).

Novo titular da concesión e batea: Ramón Dieste Rodríguez (DNI 52.454.737).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 7 de xuño de 1993.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesus Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

1117