Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da asistencia técnica consistente no estudio socio económico e xurídico da aplicación da Lei de caza de Galicia. (0707).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da asistencia técnica para o estudio socioeconómico e xurídico da aplicación

da Lei de caza para Galicia (0707), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 ptas.).

Fianza provisional: noventa mil pesetas (90.000 ptas.)

Fianza definitiva: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas.).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: 12 meses.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro s/n, Santiago de Compostela - A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 1 de abril de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público o día 8 de abril de 1997, ás 13 horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-1016