Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/330-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro.

Situación: Marín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 182 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 162 da L.M.T. Busto-Caños final, rematando no C.T. que se proxecta en Castro, concello de Marín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos Reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, orgnismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1049