Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 3 de febreiro de 1997, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do solo urbanizable programado número 4 (SUP-4 en Conxo), promovido pola xunta de compensación. O expediente exponse

ó público na Sección de Planeamento e Xestión polo prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas. O cómputo do prazo iniciarase coa última publicación.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

1358