Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 31/1997, do 13 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea-subterránea, a 20 kV trazada entre a L.M.T. ó C.T. Estación de bombeo-A Toxa e o centro transformador que se proxecta na Grela, concello de Ribadumia, provincia de Pontevedra. (Expediente 96/1990).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Severo Ochoa nº 2 da Coruña, solicitou desta consellería a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aéreo - subterránea, a 20 KV, de 1.439 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56, RS-95 e R.H.V., sobre apoios de formigón, trazada entre a L.M.T. ó C.T. Estación de bombeo -A Toxa ata o centro transformador que se proxecta na Grela, concello de Ribadumia (Pontevedra) (Expte. 96/90).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 21-6-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 23-7-1996, no BOP de Pontevedra do 22-7-1996, e no BOE do 5-8-1996. Coa mesma data foi aprobado o seu proxecto de execución.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 23.08.96, no BOP de Pontevedra do 29-8-1996, no xornal Faro de Vigo do 26-8-1996, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ribadumia e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se formulou ningunha alegación de oposición á expropiación.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966,

do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende subministrar de enerxía o centro transformador que se proxecta na Grela, partindo da L.M.T. ó C.T. Estación de bombeo - A Toxa co fin de poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración, estabilidade da rede e maila regularidade do servicio na dita zona, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.- Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea que une a L.M.T ó C.T. Estación de bombeo - A Toxa ata o centro transformador que se proxecta na Grela, concello de Ribadumia.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Ribadumia (Pontevedra) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, trece de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

1281