Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do acordado pola corporación provincial na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacionan, para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 9 de setembro de 1994:

Concellos; impostos:

Os Blancos; IBI, IASE, imposto de vehículos de tracción mecánica, taxa de recollida de lixo.

Lobeira: taxa de recollida de lixo.

Padrenda: imposto de vehículos de tracción mecánica.

Taboadela: imposto de vehículos de tracción mecánica, taxa de recollida de lixo.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 31 de xaneiro de 1997.

O presidente

Rubricado

1330