Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

CONVOCATORIA.

Convócanse probas selectivas para prove-las prazas que se indican de conformidade coas bases xerais aprobadas por Concello en Pleno o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril) e as específicas aprobadas polo Concello en Pleno o 29 de novembro de 1996.

* Bases específicas da convocatoria para o ingreso na escala de Administración especial: gardas da policía local.

Primeira.-Número e características das prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas para cubrir dúas prazas de funcionarios, pertenentes á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase gardas da policía local, grupo D.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas bases xerais aprobabas por acordo plenario do 26 de xaneiro de 1996 e publicadas no BOP con data do 3 de abril de 1996, e no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril de 1996.

Segundo.-Sistema selectivo.

Será o de oposición libre.

Terceira.-Requisitos.

Ademais dos xerais para o acceso á función pública local, deberán reuni-los seguintes requisitos referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas:

a) Ter cumpridos os 18 anos e non supera-los 30.

b) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros as mulleres e de 1,70 metros os homes.

d) Posuí-los permisos de conducir, clases A-2, B-1 e B-2.

e) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, prestado mediante declaración xurada e por escrito.

f) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o

que non excluirá as comprobacions posteriores do que se reflicte no certificado médico.

Cuarta.-Exercicios.

A oposición constará de catro exercicios de carácter obrigatorio. Con carácter previo á súa celebración, procederase á práctica da medición e demais medidas antropométricas dos aspirantes.

Primeiro exercicio.

Consistirá na superación das probas físicas que se especifican no anexo I. A puntuación final mínima deberá ser de 20 puntos; serán cualificados como non aptos os aspirantes que non acaden esa puntuación e tamén os eliminados en calquera das probas, segundo o previo no citado anexo I.

Segundo exercicio.

Constará de dúas partes.

Primeira.-Exame psicotécnico. Esta proba está dirixida a determian-la aptitude psicolóxica e a adecuación á función policial que hai que desemepeñar. Cualificarase como apto ou non apto e resultarán eliminados os que obteñan esta última cualificación.

Segunda.-Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de sesenta minutos, a dous temas extraídos ó chou de entre os que figuren no programa anexo á convocatoria, un de cada parte. O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario apra superalo obter un mínimo de 5 puntos.

Terceiro exercicio.

Constará de dúas probas:

Proba de idioma galego: consistirá na traducción para o galego dun texto en castelán proposta polo tribunal. Tempo máximoi: 30 minutos. Esta proba, que terá carácter eliminatorio, cualificarase de 0 a 4 puntos, sendo necesario para superala obter un mínimo de 2 puntos.

Proba práctica: consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de sesenta minutos, a un suposto práctico sobre intervención policial e confección das correspondentes partes. Este exercicio lerano os aspirantes ante o tribunal, que poderá dialogar cos opositores sobre o seu contido durante un período máximo de dez minutos. Esta proba cualificarse de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superala obter un mínimo de 5 puntos.

Cuarto exercicio.

Consistirá na superación dun recoñecemento médico e cualificarase como apto ou non apto. A modo orientativo, inclúese como anexo III un cadro de exclusións médicas.

Quinta.-Nomeamento como funcionarios en prácticas.

Os aspirantes propostos polo tribunal que, en número, no podrán exceder das prazas convocadas, serán nomeados funcionarios en prácticas e deberán

superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que non superen o curso selectivo de formación perderán tódolos dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

Sexta.-Tribunal cualificador.

Composición.

O tribunal cualificador estará composto da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

Un funcionario de carreia designado polo presidente da corporación.

Un representante dos sindicatos máis representativos no concello.

Un técnico ou especialista na materia.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior ó posto de traballo obxecto da convocatoria.

-Secrtario: o da corporación ou quen legalmente o substitúa.

ANEXO I

PROBAS FÍSICAS PARA O ACCESO A GARDA DA POLICÍA LOCAL

(Realizaranse pola orde que se relaciona)

1. Salto de lonxitude cos pés xuntos (sen carreira).

Saltar cara a diante, impulsando cos pés xuntos. Permitirase o balanceo de pés de talón a metatarso sen perde-lo contacto co chan dun dos pés antes do salto. Tomarase a medida, desde a liña de inicio ata o sinal máis atrasado do salto. Pódense facer dous intentos.

2. Flexións de brazos en barra horizontal.

Coas palmas das mans cara a diante e cunha separación entre elas do longo dos ombros. Partindo desde a posición de brazos estirados deberá supera-lo queixo á barra. Pódese facer só un intento.

3. Carreira de 50 metros (velocidade).

En pista ou pavimento compacto con saída en pé. Só un intento.

4. Carreira de resistencia, 1.000 metros.

En pista ou pavimento compacto con saída en pé. Só un inteto.

Sistema de cualificación dos exercicios

Mulleres

Salto de lonxitudeFlexión

brazos

Carreira

50 m

Resistencia

1000 m

RESULTADOS

Cualificaciónmetrosnúmerotempotempo

Eliminación1,90 ou-5 ou-8''4 ou+4,20 ou+
31,91/1,9568''34,15/4,19
41,96/2,0078''24,10/4,14
52,01/2,0588''14,05/4,09
62,06/2,1098''04,00/4,04
72,11/2,15107''93,55/3,59
82,16 ou+11 ou+7''8 ou-3,54 ou-

Homes

Salto de lonxitudeFlexión

brazos

Carreira

50 m

Resistencia

1000 m

RESULTADOS

Cualificaciónmetrosnúmerotempotempo

Eliminación2,25 ou-10 ou-7''3 ou+3,26 ou+
32,26/2,30117''23,21/3,25
42,31/2,35127''13,16/3,20
52,36/2,40137''03,11/3,15
62,41/2,45146''93,06/3,10
72,46/2,50156''83,01/3,05
82,51 ou+16 ou+6''7 ou-3,00 ou-

ANEXO II

PROGRAMA

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas.

Tema 4. Institucións e dereito básico de Galicia.

Tema 5. A Administración local española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos consitutivos do municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 6. O concello. Competencias. Óganos de goberno. O Concello de Nigrán. A súa organización interna, distribución de competencias, situación das súas dependencias.

Tema 7. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Espacial consideración da potestade regulamentaria municipal: ordenanzas e bandos.

Tema 8. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 9. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 10. Coñecemento do municipio de Nigrán. Principais aspectos da súa historia, xeografía, cultura e festexos.

Tema 11. Coñecemento do municipio de Nigrán. Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos, prazas. Situación dos seus principais edificios públicos.

Tema 12. O Código Penal e a Lei de axuizamento criminal.

Parte especial.

Tema 13. Normativa de seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O código de circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 14. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 15. Os sinais de circulacion. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 16. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 17. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 18. Condicións técnicas dos vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 19. Estudio da circulación urbana na normativa de seguridade vial.

Tema 20. Alcoholemia. Estudios especiais dos preceptos contidos na normativa de seguridade vial.

Tema 21. O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial. Transporte de viaxeiros e mercadorías : estudio dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transporte.

Tema 22. Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 23. Lei órganica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá: ideas xerais.

Tema 24. As ordenanzas municipais.

ANEXO III

CADRO DE EXCLUCIÓNS MÉDICAS

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapciten para o exercicio das funcions propias do cargo.

2. Ollo e visión.

* Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal nos dous ollos.

* Queratomía radical.

* Desprendemento de retina.

* Estrabismo.

* Hemianopsias.

* Discromatopsias.

* Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

3. Audición.

Déficit auditivo que supoña unha perda maior de 30 decibelios nas frecuencias comprendidas entre 500 e 3.000 hertzios, ou de 45 decibelios a 4.000 hertzios nos dous oídos; ou patoloxía que, a xuízo do tribunal, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

4. Outras exclusións.

* Aparello locomotor: alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

* Aparello dixestivo: hepatopatías e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal, dificulte o desempeño do posto de traballo.

* Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non debendo supera-las cifras de repouso dos 145 mm/Hg en presión sistólica, e os 90 mm/Hg en presión diastolóxica; varices ou i nsufiencia venosa periférica, arritmias extrasinusais, isquemia miocárdica e calquera outra patoloxía, lesión ou bloqueo das conduccións que, a xuízo do tribunal, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

Nigrán, 17 de decembro de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

1366