A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución do 24 de xaneiro de 1997, foi outorgado o permiso de investigación Blanca, número 5696, de 18 cuadrículas mineiras para recursos de cuarcita ornamental que se sitúa nos concellos de Lourenzá, A Pontenova, Riotorto e Trabada, da provincia de Lugo.
O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.
Lugo, 29 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1122