Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos. (Expediente 1852/1996 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección

da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia-Urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías, 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de decembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1997.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 1852/96.

Denunciado: Alberto Fernández Requejo.

DNI: 33.278.805

Enderezo: Xeral Pardiñas, 5-6º B-Santiago de Compostela.

Establecemento: Afrekete.

Precepto infrinxido: Art. 26 c) da Lei 1/92.

Precepto sancionado: Art. 28 da Lei 1/92.

Sanción: 40.000 ptas.

Nº de expediente: 1150/96.

Denunciado: Fernando Pazos Ríos.

DNI: 33.299.932

Enderezo: rúa de Boiro, nº 6-4 C, Santiago de Compostela.

Establecemento: Pérez y Pérez.

Precepto infrinxido: Art. 23 ñ) da Lei 1/92.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/92.

Sanción: 60.000 ptas.

Nº de expediente: 1379/96.

Denunciado: Fernando Pazos Ríos.

DNI: 33.299.932

Enderezo: rúa de Boiro, nº 6-4 C, Santiago de Compostela.

Establecemento: Pérez y Pérez.

Precepto infrinxido: Art. 23 ñ) da Lei 1/92.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei 1/92.

Sanción: 60.000 ptas.

971