Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/219-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Enderezo social: Vista Alegre. Doso. Narón, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Novas.

Situación: Narón.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.129 m de lonxitude, en conductor de aluminio LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Portela e final no C.T. que se vai construír en Novas de 100 kVA, parroquia de Pedroso. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

439