Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.611

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal estatuario do Servicio Galego de Saúde do grupo auxiliar da función administrativa e de pinche, relativos á baremación da fase de concurso.

O apartado 23 da base sexta B) da Resolución do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo, dispón que, realizada polos tribunais a baremación correspondente á fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirantes no apartado de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, os tribunais das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e pinche teñen rematada a dita baremación, polo que comisionado este centro directivo para a publicación do dito anuncio,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías relativas á baremación da fase de concurso, no apartado de experiencia e no de formación, así como a súa valoración total.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación perante o propio tribunal contra a baremación.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

1101