Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997 pola que se publica o resultado da elección de vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

Celebrado o día 22 de novembro de 1996 o acto de apertura dos sobres que contiñan os votos para a elección de vocais do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación das entidades que actúan na área da muller, e realizado o seu escrutinio, de conformidade co disposto no seu artigo 4.2º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 10 de maio de 1995 (publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 2 de xuño), pola que se establecían as normas para a constitución do Consello Galego de Servicios Sociais, esta consellería,

RESOLVE:

Proclama-lo candidato electo, así como o suplente do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación das entidades que actúan na área da muller:

Titular: Mª Josefa Castro Aznar - Asociación benéfico cultural Brisa.

Suplente: Mª Nieves Cuéllar Redondo-Asociación provincial de amas de casa e consumidores Rías Baixas.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

180