Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 1997 Páx. 1.492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xaneiro de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria: Ntra. Sra. del Rosario, de Arzúa; María Auxiliadora, de Lugo; Divina Pastora, do Barco de Valdeorras (Ourense); San José, de Ourense; María Auxiliadora, de Ourense; e Sagrada Familia, de Aldán-Cangas (Pontevedra).

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, nos que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Ntra. Sra. del Rosario, de Arzúa; María Auxiliadora, de Lugo; Divina Pastora, do Barco de Valdeorras (Ourense); San José, de Ourense; María Auxiliadora, de Ourense; e Sagrada Familia, de Aldán-Cangas (Pontevedra).

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que os remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-Os centros de Educación Secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro, (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

Municipio: Arzúa.

Localidade: Arzúa.

Domicilio: Carmen, 22.

Denominación específica: Nuestra Señora del Rosario.

Titular: Religiosas de la Grande Obra de Atocha.

Composición resultante:

a) Centro de Educación Infantil: 3 unidades.

b) Centro de Educación Primaria: 6 unidades.

c) Centro de Educación Secundaria: 4 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.

-Provincia: Lugo.

Municipio: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: Avda. Ramón Ferreiro, 3.

Denominación específica: María Auxiliadora.

Titular: Hijas de María Auxiliadora.

Composición resultante:

a) Centro de Educación Especial: 1 unidade.

b) Centro de Educación Infantil: 6 unidades.

c) Centro de Educación Primaria: 12 unidades.

d) Centro de Educación Secundaria: 8 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.

-Provincia: Ourense.

Municipio: O Barco de Valdeorras.

Localidade: O Barco de Valdeorras.

Enderezo: Ramón del Valle Inclán, 2.

Denominación específica: Divina Pastora.

Titular: Religiosas Franciscanas.

Composición resultante:

a) Centro de Educación Infantil: 6 unidades.

b) Centro de Educación Primaria: 12 unidades.

c) Centro de Educación Secundaria: 8 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.

-Provincia: Ourense.

Municipio: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Xeral Franco, 42.

Denominación específica: San José.

Titular: Siervas de San José.

Composición resultante:

a) Centro de Educación Infantil: 5 unidades.

b) Centro de Educación Primaria: 12 unidades.

c) Centro de Educación Secundaria: 8 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.

-Provincia: Ourense.

Municipio: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Praza de Don Bosco, 1.

Denominación específica: María Auxiliadora.

Titular: Religiosos Salesianos.

Composición resultante:

a) Centro de Educación Primaria: 12 unidades.

b) Centro de Educación Secundaria: 12 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.

c) Centro de Bacharelato: 6 unidades coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.

-Provincia: Pontevedra.

Municipio: Cangas.

Localidade: Aldán.

Enderezo: Espiñeira Avda. San José Graña, 4.

Denominación específica: Sagrada Familia.

Titular: Patronato de la Fundación Sagrada Familia.

Composición resultante:

a) Centro de Educación Infantil: 3 unidades.

b) Centro de Educación Primaria: 6 unidades.

c) Centro de Educación Secundaria: 4 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.

97-992