Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Urbanización Altavista.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 10 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, e 100 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio n.3 da L.M.T. ó C.T. Monte Pequeno, rematando no apoio desde o que continúa en tramo subterráneo ata o C.T. que se proxecta en Urbanización Altavista, concello de Vigo. C.T. de 1.000 kVA.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
877