Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 1997 Páx. 1.465

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 7 de febreiro de 1997 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 24 de outubro de 1996 (DOG número 215 do 4 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 215, do 4 de novembro de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4 e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-lo funcionario que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que, así mesmo, se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, a partir da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo regulado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, logo de efectuado o cesamento no seu posto definitivo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Pena-Manso Rodríguez, Ramiro.

NRP: 3244402002 A0620

Grupo: B

Denominación: X. Sección de Relacións co Consello de Contas. Conta Xeral.

Código do posto: EFC030000215770014

Nivel: 25

Complemento E.: 1.147.368

Centro directivo: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

1030