O 24 de xaneiro de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001712/1996, interposto por José López Casal, contra resolución por parte do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación a recurso ordinario, sobre denegación de indemnización por gastos de viaxe e mantemento.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
927