Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30 de decembro de 1996, acordou por unanimidade aprobar inicialmente o estudio de detalle para establecemento de aliñacións e ordenación de volumes. Situación: praza da igrexa, rúa nº 58, rúa Gradín e rúa de acceso da praza da igrexa á praza da feira, e a delimitación de unidade de actuación para normalización de predios. Situación: praza da igrexa, rúa nº 58, rúa Gradín e rúa de acceso da praza da igrexa á praza da feira, sendo promotor o Concello da Estrada. O que se eleva a información pública polo prazo de 15 días a partir da publicación deste anuncio no BOP e no DOG para exame e posibles alegacións.

A Estrada, 8 de xaneiro de 1997.

O alcalde

Rubricado