Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. en Folgar.
Situación: Cuntis.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 145 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. A Estrada-Segade rematando no C.T. que se proxecta en Folgar, concello de Cuntis. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
882