Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001720/1996, interposto por Ángel López Méndez.

O 24 de xaneiro de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0001720/1996, interposto por Ángel López Méndez, contra resolución por parte do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación a recurso ordinario, sobre denegación de indemnización por gastos de viaxe e mantemento.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázaselles para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

919