Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997 pola que se resolve a convocatoria polo sistema de libre designación para cubrir un posto de traballo vacante nesta corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 231, do 26-11-1996.

De conformidad co establecido no Regulamento de provisión de postos de traballo aprobado por acordo plenario desta corporación do 24-4-1992, designa-lo funcionario que de seguido se expresa para cubri-lo posto que así mesmo se indica, polo sistema de libre designación convocado no Diario Oficial de Galicia, número 231, do 26-11-1996:

Posto de traballo: secretario/a vicepresidencia.

Adscrición: secretaría particular Presidencia e Relacións Públicas.

Apelidos, nome e DNI: Andión Fernández, Mª Asunción. 32.428.641.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta presidencia conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

Augusto César Lendoiro

Presidente

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario actal.