Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación anticipada de gasto, para a contratación dunha subministración de agullas e xiringas diversas. (C.P. 1/1997).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da A Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xunio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve

anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de agullas e xiringas de 2 e 3 pezas para 1997.

Os licitadores poderán concurrer a un o á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 16.675.000 ptas., (IVE incluído).

Garantía provisional: 333.500 ptas.

-Lote 1: agullas para plumas diabéticos de ±8 ml e ±13 ml.

Orzamento: 3.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 60.000 ptas.

-Lote 2: xiringas de 2 pezas de 2 ml, 5 ml e 10 ml.

Orzamento: 2.675.000 ptas.

Garantía provisional: 53.500 ptas.

-Lote 3: xiringas de 3 pezas de 1 ml con agulla insulina, e de 1 ml con agulla tuberculina.

Orzamento: 11.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 220.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite anticipado de gasto.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista. O resto, ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: admítense, debéndose especificar brevemente e de maneira clara, cales son, a xuízo da empresa licitadora, as súas vantaxes. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas que se esixen no prego das prescripción técnicas.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Calidade dos materiais segundo o prego de prescricións técnicas: ata 3 puntos.

2º Prezo ofertado: ata 6 puntos.

3º Prazo de entrega: ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (Polígono A Grela), 15008 A Coruña. Tfono: (981) 25 14 50. Fax: 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, Ambulatorio de San Xosé. R/ Comandante Fontanes, nº 8, planta baixa, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Comandante Fontanes nº 8, 6ª planta, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de outubro de 1996.

Bernardo Seoane Díaz

Director-xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

1020