Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 24 de xaneiro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do expediente sancionador 167/1996-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro de 1992) notifícaselle ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG número 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei

30/1991, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Nº de expediente: LU-167/1996.

Denunciado: José César Becerra Muíños.

DNI: 32.664.969.

Enderezo: rúa Carballal, s/n. Valdoviño (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: artigos 6.7º, 6.10º e 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: duascentas mil dúas (200.002) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 24 de xaneiro de 1997.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

825