Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 1997 Páx. 1.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 14 de xaneiro de 1997 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a modificación da rasante lonxitudinal na rúa Ferreiriños.

Ó aprobarse inicialmente por decreto da Alcaldía, con data 19-12-1997, o estudio de detalle para a modificación da rasante lonxitudinal da rúa Ferreiriños, por solicitude de Promociones Lucense, C.B.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 14 de xaneiro de 1997.

Vº e Prace

O alcalde

P.D. (Decreto Alcaldía nº 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente alcalde delegado de área

P.D.

Vicente Pérez Carro G.

O vicesecretario