Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 1997 Páx. 1.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica consistente na contratación de catro (4) helicópteros con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante o ano 1997 (0703).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación de catro (4) helicópteros con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante o ano 1997 (0703), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: cento cincuenta e seis millóns de pesetas (156.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: tres millóns cento vinte mil pesetas (3.120.000 ptas.).

Fianza definitiva: seis milllóns duascentas corenta mil pesetas (6.240.000 ptas.).

Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría D.

Prazo de execución: do 1 de xullo ó 30 de setembro de 1997.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de pro

posicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 14 de marzo de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 21 de marzo de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

806