Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

Aprobadas polo Pleno en sesión do 10 de xaneiro de 1997 as bases para adquirir por concurso un terreo con destino á contraucción dun centro médico en Souto de Vea, ábrese prazo para presentación de ofertas, segundo as seguintes condicións:

Superficie: o terreo que se oferte terá unha superficie mínima de 2.000 m. Atoparase situado dentro do núcleo de Souto de Vea. Terá acceso rodado por pista ou estrada asfaltada e será apto para poder ser edificado. Teranse en conta, na elección, as facilidades para a conexión eléctrica, auga e rede de sumidoiros.

Tipo de licitación: 2.000.000 de pesetas como máximo.

Presentación: as plicas presentaranse na Secretaría Xeral do Concello ata as 13 horas do día 26 seguinte á publicación deste anuncio no DOG. Os días serán hábiles. As ofertas irán nun sobre pechado coa inscrición «Proposición para o concurso de terreos con destino a centr médico de Souto de Vea».

Apertura: terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó último fixado para a presentación.

Documentación: no sobre xuntarase a seguinte documentación:

a) Documento xustificativo da personalidade.

b) Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar.

c) Título de propiedade e plano de situación desta.

d) Proposición adaptada ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en... en nome propio (ou en representación de...), informado do anuncio para a compra polo concello dun terreo con destino a centro médico en Souto de Vea, ofrece un terreo de... m, na cantidade de... (en letra) pesetas m. (Data e sinatura do propoñente).

A Estrada, 21 de xaneiro de 1997.

Alcalde

Rubricado

695