Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 321/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de central de coxeración en Vilalonga, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Nueva Cerámica Campo, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Vilalonga, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: producción enerxía eléctrica e aproveitamento calor residual.

Características principais: central de coxeración composta de dous grupos moto-xeradores de 4.600 kVA cada un, con equipo de regulación e protección, instalación de transformación e conexión á rede. Sistema de aproveitamento da enerxía calorífica e almacenamento de combustible.

Orzamento: 430.746.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

901