Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 1997 Páx. 1.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 428/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en Marvar-Ponte Romana, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. xeral Caldelas rematando no C.T. que se proxecta en Marvar-Ponte Romana, concello de Tui.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 3.760.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

716