Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 1997 Páx. 1.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o dezaseis do mes que corre, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a delimitación da unidade de actuación do núcleo urbano de San Roque-Cespón segundo a documentación gráfica unida ó expediente; e a suspensión de licencias de parcelacións de terreos, edificación e demolición no ámbito da unidade de actuación.

2. Fixa-lo sistema de cooperación para o desenvolvemento da dita unidade de actuación.

3. Que se proceda á súa exposición ó público e se sigan os demais trámites regulamentarios.

O que se fai público de conformidade co disposto no Art. 38 do Regulamento de xestión urbanística e disposicións concordantes, para efectos de exame e reclamacións durante o prazo de quince días a partir da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou no DOG.

Boiro, 17 de xaneiro de 1997.

O alcalde

Rubricado