Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 1997 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación da subministración de panos dun só uso e outros (C.P. 19/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites admi

nistrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación da subministración de panos dun só uso e outros.

Orzamento: 29.288.975 pesetas.

Garantía provisional: 585.780 ptas.

Lote 1: pano verde 75x100 non estéril.

Orzamento: 511.980 ptas.

Garantía provisional: 10.240 ptas.

Lote 2: pano verde 75x100 estéril.

Orzamento: 2.520.050 ptas.

Garantía provisional: 50.401 ptas.

Lote 3: pano verde 75x100 plástico.

Orzamento: 339.575 ptas.

Garantía provisional: 6.792 ptas.

Lote 4: lámina plastif. 45x60 r/ área Adhes.

Orzamento: 2.970.000 ptas.

Garantía provisional: 59.400 ptas.

Lote 5: funda plástica P/fluoroscopio.

Orzamento:1.085.000 ptas.

Garantía provisional: 21.700 ptas.

Lote 6: campo aberto en «U».

Orzamento: 648.480 ptas.

Garantía provisional: 12.970 ptas.

Lote 7: campo fenestrado Adhes. Transp.

Orzamento: 639.000 ptas.

Garantía provisional: 12.780 ptas.

Lote 8: equipo RTU.

Orzamento: 1.890.000 ptas.

Garantía provisional: 37.800 ptas.

Lote 9: lámina incisión cirúrxica 38x41.

Orzamento: 631.440 ptas.

Garantía provisional: 12.629 ptas.

Lote 10: pano con fenestra adhesiva.

Orzamento: 792.000 ptas.

Garantía provisional: 15.840 ptas.

Lote 11: lámina incisión cirúrxica 60x45.

Orzamento: 1.275.600 ptas.

Garantía provisional: 25.512 ptas.

Lote 12: equipo anxiografia dun só uso.

Orzamento: 3.097.900 ptas.

Garantía provisional: 61.958 ptas.

Lote 13: bolsa illamento 49x49.

Orzamento: 1.395.000 ptas.

Garantía provisional: 27.900 ptas.

Lote 14: bolsa instrumental.

Orzamento: 3.918.750 ptas.

Garantía provisional: 78.375 ptas.

Lote 15: bolsa para bisturí.

Orzamento: 1.070.000 ptas.

Garantía provisional: 21.400 ptas.

Lote 16: pano fenestrado 75x90.

Orzamento: 2.170.350 ptas.

Garantía provisional: 43.407 ptas.

Lote 17: funda mesa maio.

Orzamento: 1.663.850 ptas.

Garantía provisional: 33.277 ptas.

Lote 18: hule estéril 100x150.

Orzamento: 2.670.000 ptas.

Garantía provisional: 53.400 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

-Oferta económica: 60%.

-Calidade dos materiais: 20%.

-Servicio técnico da subministración: 20%.

Documentos de intese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na Sala de Xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canelejo-Marítimo de Oza da Coruña

853