Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 1997 Páx. 1.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 419/1996 A.T.)

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1996 e no artigo 10 do Decreto 2619/1996, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública por petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica: modificación L.A.T. a 132 kV Frieira-Atios I entre os apoios 3 e 5, o seu trazado inicial foi autorizado pola Dirección Xeral de Industria con data 4-7-1980 (A.T. 4/75), coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: entre os apoios 3 e 5 da liña mencionada ó seu paso por Atios, concello do Porriño.

Finalidade da instalación: variación de trazado por extracción de material da canteira situada debaixo do van entre os apoios 3 e 4.

Características principais: L.A.T. a 132 kV, de 1.321 m de lonxitude, con conductor de aluminio-aceiro tipo HAWK, cun apoio Drago 1000 e outro Arce 900.

Orzamento: 18.130.265 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formular contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-628