Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 1997 Páx. 1.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a contratación das obras de construcción do Centro de Exposicións e Promoción de Recursos da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes na Estrada (Pontevedra), polo procedemento de concurso público aberto.

Obxecto do contrato: contratación das obras de construcción do Centro de Exposicións e Promoción de Recursos da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes na Estrada (Pontevedra).

Prazo de execución: 17 meses.

Orzamento de licitación: 79.986.408 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

Fianza provisional: 1.599.728 pesetas.

Fianza definitiva: 3.199.456 pesetas.

Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupos 2 e 4, categoría C.

Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 8 de marzo de 1997.

Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 14 de marzo de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

734