Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, para a contratación do Servicio de Vixilancia dos seguintes centros: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

Orzamento máximo: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.) impostos incluídos.

Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

Documento de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán a disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Investigacións Mariñas (r/ Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais desta consellería.

Prazo e presentación das propostas: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Mariqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

722