Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-97/1996 e catro máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8).

Pontevedra, 16 de xaneiro 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-97/1996.

Denunciado último Dmco. coñecido: José Luis Leiro Peña, Galáns, 12-Corón, Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar dentro do couto privado de caza PO-10.124, carecendo da debida autorización. Capturar dous estomiños e un peto, negándose a entregar a caza morta.

Precepto infrixido: artigo 48.1.8. da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas. e indemnización de 15.000 ptas.

Expediente: C-141/1996.

Denunciado último Dmco. coñecido: Enrique Rey Costas, Fragoso, 57-7º, Vigo.

Feito denunciado: cazar no couto privado de caza de Meis sen permiso.

Precepto infrixido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

Expediente: C-142/1996.

Denunciado último Dmco. coñecido: Armando Armada Villar, Balaídos, 15-1º Vigo.

Feito denunciado: cazar no couto privado de caza de Meis sen permiso.

Precepto infrixido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

Expediente: C-143/1996.

Denunciado último Dmco. coñecido: Juan Marcos Estévez Castro, r/ Coruña, 20-5º A, Vigo.

Feito denunciado: cazar no couto privado de caza de Meis sen permiso.

Precepto infrixido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

Expediente: C-149/1996.

Denunciado último Dmco. coñecido: José Manuel dos Reis Casal, Abelleira, 12-Baión, Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: cazar no couto privado de caza PO-10.107, sen permiso.

Precepto infrixido: artigo 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

680