Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xaneiro de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertrua e funcionamento dos centros privados de educación secundaria: Alba, de Vigo, La Inmaculada, de Lugo, e Divida Pastora, de Monforte de Lemos (Lugo).

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, polas que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Alba, de Vigo, La Inmaculada, de Lugo, e Divina Pastora, de Monforte de Lemos (Lugo).

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que os remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Esperanto, 8.

Denominación específica: Alba.

Titular: Cen de Estudios Alba S.L.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Lugo.

Municipio: Lugo.

Localidad: Lugo.

Domicilio: Angel López Pérez, 2.

Denominación específica: La Inmaculada.

Titular: HH Maristas.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Lugo.

Municipio: Monforte de Lemos.

Localidade: Monforte de Lemos.

Enderezo: Santo Domingo s/n.

Denominación específica: Divina Pastora.

Titular: Hijas de la Divina Pastora Calasancias.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

747