Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 4/1994 e VP-C 9/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións por infracción do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o regulamento para aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial.

Contra as devanditas resolucións e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 da lei 30/1992, poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de xaneiro de 1997.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 4/94.

Denunciada: Mª Ángeles Varela Pérez.

Último domicilio coñecido: edificio residencial Europa 1.2. Portal A-3º B As Fontiñas. Santiago de Compostela.

Feito denunciado: realización de obras non autorizadas.

Precepto infrinxido: artigo 153.B.12 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 8 do Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro.

Sanción: 100.000 ptas. e cumprimento da orde de obras de reparación dictada polod elegado provincial con data do 16 de decembro de 1993.

Expediente: VP-C 9/94.

Denunciada: Andrés A. García Cabana.

Último domicilio coñecido: edificio residencial Europa 1.2. Portal D-1º C As Fontiñas. Santiago de Compostela.

Feito denunciado: realización de obras non autorizadas.

Precepto infrinxido: artigo 153.B.12 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 8 do Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro.

Sanción: 100.000 ptas. e cumprimento da orde de obras de reparación dictada polo delegado provincial con data do 16 de decembro de 1993.

730