Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 26 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza de edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios, mediante expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxeto: contratación do servicio de limpeza de edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: o adxudicatario realizará o servicio contratado durante o ano 1997, axustándose, en canto á data de inicio, ós pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e coa posibilidade da prórroga segundo o sinalado na lexislación vixente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 39.863.791 ptas., IVE incluído, para a anualidade do ano 1997.

Aplicación orzamentaria: 13.01.121A.227.00.

5. Garantías.

a) Provisional: 2 % do importe de licitación, salvo acreditación da correspondente clasificación.

b) Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: secretaría xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: (981) 54 46 42/54 45 17.

e) Fax: (981) 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 1-3-1997.

7. Requisitos específicos del contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 6 e categoría B.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 1-3-1997.

b) Documentación que se vai presentar: a sinalada no apartado 4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771, Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 5-3-1997.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 8-1-1997.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

662