De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifí
caselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 17 de decembro de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-276/1996.
Denunciado: Pedro Chamadoiro Pregones
Último enderezo coñecido: r/ Montemogos, 70.
36930-Bueu.
Feito denunciado: abandona-lo lume ante de que estea totalmente extinguido.
Precepto infrinxido: Art. 138 b) do Regulamento á Lei de I.F.
Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de I.F.
Sanción: 15.000 ptas.
Expediente: I-393/1995.
Denunciado: J. Manuel Mayo Rodríguez.
Último enderezo coñecido: r/ Menéndez Pidal, 15-2º
A Coruña.
Feito denunciado: abandono dun vehículo.
Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.
Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de I.F.
Sanción: 50.000 ptas.
97-616