Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/120-1).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo S.A., con enderezo na rúa Mancebo, 6 15000 Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña subterránea a 15/20 kV, de 2.308 m de lonxitude, conductor aluminio de 3x1x95 mm, con orixe no pórtico da central do Eume, con entrada e saída en centro de manobra e enlace coa central hidroeléctrica de San Bartolomé, e final na liña aérea San Bartolomé-Cabanas, 2ª fase (expediente 52550). Municipio de Monfero (A Coruña).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

625