Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001727/1996, interposto por Agroman, Empresa constructora, S.A.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 01/0001727/1996, interposto por Agroman, Empresa Constructora, S.A., sobre o pagamento de xuros de demora no aboamento da certificación de revisión de prezos expedida con data do 22 de novembro de 1990 na obra do complementario das obras de reforma e ampliación do pavillón polideportivo de Carballo (A Coruña), esta secretaría resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para coñecemento xeral de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-adiministrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánche

Secretario xeral para o Deporte

97-650